Concurso de traslados: A Dirección Xeral debe incluír todas as prazas vacantes e de reforzo

24 de marzo de 2014

Escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza.


Durante estes últimos dez anos, a normativa referida á conciliación na vida laboral e familiar, especialmente na Administración pública (por desgraza na privada segue primando o interese económico do empresario), ten evolucionado dunha maneira moi importante.

Non deberíamos ter que explicarlle, por obvio, que alcanzar a conciliación da vida laboral e familiar pasa por que as familias podan estar xuntas.

Pois ben, da lectura do listados de prazas vacantes que elaborou esa Dirección Xeral para o próximo concurso de traslados resulta evidente que o seu departamento volve cometer o “mesmo erro” ou volta a actuar coa “mala fe” de sempre ao NON SACAR A CONCURSO AS PRAZAS DE REFORZO QUE LEVAN MÁIS DE 2 ANOS.

Para Alternativas calquera xulgado ou servizo que teña prazas de reforzo durante DOUS ou MÁIS anos NON TEN UN PROBLEMA COXUNTURAL, senón que ten un PROBLEMA ESTRUTURAL, e polo tanto hai que poñerlle unha solución definitiva, e isto pasa por CONVERTER O REFORZO EN CADRO DE PERSOAL TITULAR.

En Galicia, dende hai moitos, anos existen prazas de reforzos en moitos xulgados, servizos e fiscalías, que nalgún caso levan máis de 15 anos. Sen embargo, a Administración ignora estas necesidades estruturais e mantén a “provisionalidade perpetua” destas prazas.

Xa que logo, esta “provisionalidade perpetua” impide que moitos traballadores/as, especialmente galegos, podan optar a esas prazas de reforzo por negarse a Xunta a ofrecelas no concurso de traslado, e fai imposible CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR, por moito que mellorara a lexislación neste tema.

Por todo o antes exposto exiximos que, dunha vez por todas, neste concurso de traslados se oferten todas as prazas vacantes existentes, incluídas as de xestión do xulgado mixto nº 1 de Vilagarcía de Arousa, o xulgado mixto nº 1 e (VSM) da Estrada, ou o servizo de atención ao cidadán e á vítima de Lugo e a de tramitación do primeira instancia nº 5 (familia), así como todos os reforzos de longa duración, para que, por unha parte, se consoliden e creen as prazas que realmente son necesarias na administración de Xustiza, e, por outra parte, para que os traballadores/as podan optar a estas prazas e podan CONCILIAR A VIDA LABORAL E FAMILIAR.

Por último, este concurso débese utilizar para crear as prazas nos Servizos de Apoio, tal e como se comprometeu vostede no plan de amortización de 106 prazas. Plan ao que nos opuxemos no seu día.

Galicia, 20 de marzo de 2014


Remitido a

Sr. Director Xeral de Xustiza de Galicia 
Praza de Europa nº 5- 4º Andar 
Santiago de Compostela