De que falaron o presidente do CXPX e os xuíces decanos?

27 de marzo de 2014

Nunha recente reunión do presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial cunha representación dos xuíces decanos, Carlos Lesmes comunicoulles a intención do Ministerio de Xustiza de paralizar calquera iniciativa de creación de novos órganos xudiciais ou de reconversión dos existentes ante a decisión de acelerar os trámites para crear os tribunais de instancia o que suporá a modificación da Lei de demarcación e planta e da Lei orgánica do poder xudicial para estender a competencia destes órganos a toda a provincia, o que supón a desaparición dos partidos xudiciais. Tamén se informou de que seguiría utilizándose a “maioría” dos edificios xudiciais.

No mesma dirección apunta a recente información de CCOO de Justicia. Ver ligazón