Información sobre o control do horario

24 de marzo de 2014

Alternativas na xustiza galega
Ante as numerosas preguntas dos traballadores sobre a bolsa de horas e ante a posibilidade de que algúns poidan perder días de libranza por un mal entendemento da circular sobre o control do horario, dende Alternativas facemos as seguintes aclaracións.

Bolsa de horas:

O número máximo de horas que se permiten acumular son 22,5/ano.

Estas 22,5 horas poderanse compensar cun día de libranza por cada sete horas e media de exceso acumulado, cun máximo de 3 días o ano, ou ben solicitando a redución do horario flexible mensual. As horas que se acumulan na bolsa son o exceso mensual de horas traballadas de forma voluntaria no horario flexible.

Aclaración importante:
Se queremos compensar as 22,5 horas por os 3 días de libranza NUNCA PODEREMOS, utilizar as horas para reducir o horario flexible mensual, xa que mentres o ano pasado non existía limite de horas a acumular este ano non se poden acumular máis de 22,5 en todo o ano. 


Xustificación de ausencias e incidencia

As ausencias e faltas de permanencia no posto de traballo, tanto totais como parciais, deberan rexistrarse na OPAX e comunicarse mediante a cubrición e sinatura electrónica do parte individual de incidencias.

Solicitude de vacacións, permisos e licenzas:

A partir da publicación da resolución sobre control horario, a tramitación de vacacións e días de asuntos particulares farase obrigatoriamente a través da OPAX e asinarase electrónicamente. A sinatura electrónica da tramitación das incidencias entrará en vigor o día 15.04.2014.

O prazo para reclamar no caso de existir desconformidade co balance horario mensual é de cinco días hábiles dende que apareza na OPAX dito balance.