Instrución sobre control horario e solicitude de permisos, vacacións e licenzas

13 de marzo de 2014

Alternativas na xustiza galega

Publicada na intranet a resolución pola que se ditan instrucións sobre o uso da tarxeta de fichaxe, control horario e solicitude de permisos, vacacións e licenzas.

Bolsa de horas


Segundo o recollido en dita instrución poderanse acumular un máximo de 22,5 horas ao ano. O gozo das horas acumuladas poderase compensar cun día de libranza por cada sete horas e media de exceso acumulado (máximo 3 por ano), ou ben solicitando a redución do horario flexible mensual. As horas que se acumulan na bolsa son o exceso mensual de horas traballadas de forma voluntaria no horario flexible. A acumulación farase unha vez deducidos os posibles saldos negativos no cumprimento do horario mensual. Na XORNADA DE VERAN (do 16 de xuño ao 15 de setembro) NON se xerarán horas para a BOLSA. A parte fixa do horario é de obrigado cumprimento diario e non é compensable.

Exemplo: Nun mes de 20 días temos que facer 140 horas de fixo máis flexible (20 días x 7 horas). Se ese mes facemos 143 horas, 3 horas van a bolsa de horas. Se ese mes facemos 137 horas (sen pedir previamente compensación horaria) no mes seguinte aparecera no OPAX que temos que recuperar esas 3 horas, e unha vez feitas as 3 horas e compensado, polo tanto, o saldo negativo do mes anterior se facemos mais horas iran á bolsa de horas.

Os días de libranza por acumulación horaria poden xuntarse cos sete días de vacacións de gozo independente e cos días de asuntos particulares.

Horarios e xornadas especiais


Con independencia do respecto ás condicións fixadas nas respectivas normativas, deberase xustificar cunha incidencia de control horario, tanto as modificacións puntuais que impliquen un cambio de quenda con outro funcionario, para o caso das xornadas especiais dos rexistros civí,s coma os tempos traballados no cumprimento dos servizos de garda fora da franxa do horario xeral. Neste tipo de servizos, con independencia da marcaxe dos tempos traballados, deberase de tramitar unha incidencia que recolla os servizos prestados fóra da franxa horario xeral fixada polo calendario laboral vixente. A ausencia polo gozo do día de descanso por garda deberá xustificarse cunha incidencia horaria de ausencia total na que se indique as datas en que se realizaron os servizos de garda. O día de descanso deberá gozarse antes da seguinte garda.

Xustificación de ausencias e incidencias


As ausencias e faltas de permanencia no posto de traballo, tanto totais como parciais, deberan rexistrarse na OPAX e comunicarse mediante a cubrición e sinatura electrónica do parte individual de incidencias dispoñible na OPAX ao día seguinte hábil de producirse o feito ou reincorporarse ao posto de traballo, pasando nese momento á estar dispoñibles para os tramitadores da xefatura ou delegación territorial correspondente para a súa comprobación e validación.

Solicitude de vacacións, permisos e licenzas


A partir da publicación desta resolución a tramitación de vacacións e días de asuntos particulares farase obrigatoriamente a través da OPAX e asinarase electrónicamente. A sinatura electrónica será extensiva ao resto dos permisos e licenzas a medida que esta opción este habilitada na OPAX. No caso de que o superior xerárquico non asine electrónicamente os permisos, estes deberán enviarse a Delegación nun prazo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica polo interesado.

Prazos


Esta resolución entrou en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación na intranet xudicial (07.03.2014), agás as previsións relativas á sinatura electrónica da tramitación das incidencias, que entrarán en vigor o día 15.04.2014.

O prazo para reclamar no caso de existir desconformidade co balance horario mensual é de cinco días hábiles dende que apareza na OPAX dito balance.


Documentos
Instrución sobre control horario