Mobilización ou deshonra

12 de marzo de 2014

Os traballadores da Administración de Xustiza temos que decidir canto estamos dispostos a loitar ou canto estamos dispostos a sufrir.

O sufrimento traducirase en catro vertentes.

Unha primeira, laboral: amortizacións das prazas dos Rexistros Civís, empezando polos grandes Rexistros e acabando polos rexistros dos Xulgados de Paz. Desaparición dos propios Xulgados de Paz xa que ninguén pode esquecer que máis do 75% do traballo destes corresponde aos trámites do Rexistro civil.

Reduciranse, por non dicir que desapareceran durante varios anos, as oposicións e os concursos de traslado pois o excedente de persoal dos Rexistros utilizarase para cubrir as prazas vacantes, xubilacións, etc.

Os chamamentos de funcionarios interinos para cubrir baixas converteranse en residuais, xa que moitos dos excedentes do Rexistro pasarán aos servizos de apoio, que posteriormente será a nova distribución xudicial, a través dos tribunais de instancia (o goberno do PP ten intención de levalo adiante nesta lexislatura).

Unha segunda, social e que polo tanto afectara a toda a cidadanía, que será o pagamento por tramites que a día de hoxe son gratuítos (fe de vida, partida nacemento, certificado defunción, etc), pagados cos nosos impostos, sobre todo dos que temos unha nómina:.

Unha terceira sería poñer, unha vez máis, en mans privadas e privilexiadas un servizo público que é a xoia da coroa, tanto polo servizo prestado polos funcionarios como pola repercusión monetaria que xeraría aos Rexistradores da Propiedade -800 aproximadamente-

Os que no están dispostos a loitar contra esta e outras medidas adoitan responder o perfil do funcionario mediocre, que sabe que non merece nin o soldo que cobra, e lacazán que non cre no servizo público e que seguramente defende as privatizacións e o seu único interese MI CULO, MI CULO, MI CULO. Estes caerán na deshonra por non loitar contra a desaparición do servizo e dos postos de traballo.

O resto, que espero sexa a maioría, loitaremos e nos mobilizaremos canto sexa necesario e cando menos teremos alcanzado a DIGNIDADE de defender os nosos postos de traballo e o servizo público

MOBILIZACIÓN CONTRA DESHONRA


A opinión de
Pablo Valeiras