Acción social 2014. Criterios de repartición e prazo para solicitudes

15 de abril de 2014

Bos días dende Alternativas-Xustiza. 


Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril de 2014, publícase a Resolución do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2014 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


Programa de atención de persoas discapacitadas


[...]

2. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Solicitudes e documentación complementaria.

a) Os solicitantes que, atopándose incluídos no ámbito persoal desta axuda, desexen optar a ela, deberán completar obrigatoriamente en liña a súa solicitude a través do OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza).

b) As solicitudes terán que rexistrarse no OPAX e deberán imprimirse e conservarse como xustificante da súa presentación telemática.

c) Esta solicitude impresa e debidamente asinada e rexistrada, xunto coa preceptiva documentación complementaria, deberá presentarse en prazo en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dirixida ao director xeral de Xustiza, praza de Europa, 5A, 4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

[...]

Ligazón permanente