Eu non faría o mesmo

15 de abril de 2014

Alternativas na xustiza galega


Nunha entrevista publicada o domingo en “La Voz de Galicia”, a Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, fixéronlle a seguinte pregunta:

“Cuando le bajó el sueldo a los funcionarios, prometió que volvería a subírselo en cuanto la economía mejorase. Según usted, lo segundo ya está sucediendo. ¿Lo primero? “

e con todo o descaro do mundo contestou:

“Estoy convencido de que la inmensa mayoría de los empleados públicos, si estuviesen en mi lugar, harían las cosas como yo”.

Pois eu, que fun un dos que sufriu esas baixadas de soldo dúas veces, nada máis e nada menos, dígolle:

Eu non faría o mesmo por moitas razóns:

  • As baixadas de soldo non melloraron a Sanidade Pública.
  • As baixadas de soldo non melloraron a Educación Pública.
  • As baixadas de soldo non melloraron o desemprego xuvenil (50% esta no paro).
  • As baixadas de soldo non repercutiron nin na ciencia nin en I+D
  • As baixadas de soldo non melloraron o servizo público da Xustiza
  • As baixadas de soldo son inxustas pois non somos responsables da crise
  • As baixadas de soldo non son para todos, de feito os políticos non as tiveron


Eu si estivera no seu lugar si que:

  • Subiría os impostos ós máis ricos.
  • Reduciría os impostos indirectos tipo o IVE por ser inxustos en si mesmos..
  • Non privatizaría hospitais e a xestión de servizos públicos.
  • Facilitaría créditos ás pequenas empresas e autónomos en vez de favorecer ás grandes empresas.
  • Investiría diñeiro en I+D que garanta un futuro sostible ós galegos.
  • Loitaría contra os corruptos do meu partido en lugar de defendelos.
  • Nacionalizaría todos aqueles servizos públicos que foron regalados ás grandes empresas


En definitiva, eu non faría o mesmo que vostede e estou certo de que a Xustiza obrigaralle a devolvernos o que é NOSO e NON SEU