Horario: Incidencias por servizos de garda

24 de abril de 2014

Publicado na intranet xudicial. 


Intranet de Xustiza
Dende o día de hoxe está dispoñible a través da OPAX a incidencia parcial por horario e xornada especial, que deberá ser cuberta polo persoal que presta servizos de garda, para que o programa de control horario sume os tempos traballados fóra da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral vixente. Desta forma, calquera servizo motivado nun servizo de garda ou nun cambio da quenda de rexistro civil, realizado con posterioridade ás 18.30 da tarde e ata as 07.30 da mañá, en horario de inverno, ou dende as 17.30 da tarde e ata as 08.00 da mañá, en horario de verán, requirirá da cubrición da correspondente incidencia. Ao igual que o resto das incidencias de control horario, na súa tramitación non se require a sinatura por parte do superior funcional da unidade, ao que se lle habilitará unha opción de consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento das incidencias tramitadas polo seu persoal.

A forma de proceder nestas situacións será a seguinte:

  • A incidencia deberase de realizar ao día seguinte da prestación dos servizos.

  • Entrar na OPAX/Control horario/Parte individual de incidencia/Incidencia parcial por horario e xornada especial.

  • Escoller o motivo (Servizo de garda/Cambio na quenda de rexistro civil) e seleccionar o día para o que se quere tramitar a incidencia.

  • O programa recuperará as marcaxes realizadas para o día seleccionado, poñendo como hora de inicio a do remate da franxa xeral do horario, e como hora de fin a rexistrada en Kronos como saída para ese día. No caso de non haber marcaxes, cubrirase o correspondente apartado.

  • Gardar a solicitude e asinala electronicamente. Dende ese momento, a incidencia pasará a estar dispoñible na bandexa de entrada do servizo de persoal correspondente. A través do apartado de consulta de incidencias poderase seguir o estado das peticións realizadas.