Repago sanitario. Tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias

21 de maio de 2014

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio de 2014, publícase o Decreto 56/2014, do 30 de abril, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias.

O Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos comúns do Sistema Nacional da Saúde e o procedemento para a súa actualización, establece no seu anexo IX que, conforme o previsto no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, no artigo 2.7 deste real decreto e demais disposicións que resulten de aplicación, os servizos públicos de saúde reclamarán aos terceiros obrigados ao pagamento o importe das atencións ou prestacións sanitarias facilitadas directamente ás persoas, incluído o transporte sanitario, a atención de urxencia, a atención especializada, a atención primaria, a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, as prestacións con produtos dietéticos e a rehabilitación, nos seguintes supostos:

1. Asegurados ou beneficiarios do sistema de Seguridade Social pertencentes á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, Mutualidade Xeral Xudicial ou ao Instituto Social das Forzas Armadas, que non fosen adscritos, a través do procedemento establecido, a recibir asistencia sanitaria do Sistema Nacional de Saúde.


Ligazón permanente