Sindicalismo sen subvencións ou sindicalismo con subvencións? Unidade de acción sindical ou unidade dos traballadores?

12 de mayo de 2014

Alternativas na xustiza galega
A bote pronto calquera diría que é mellor un sindicalismo sen subvencións, pois parece máis independente e, polo tanto, máis combativo.

Tamén parece máis efectiva a unidade de acción sindical para o éxito dunha mobilización.

A experiencia, con todo, non xustifica de por si que os sindicatos sen subvencións garantan un sindicalismo mobilizador contra os recortes nos dereitos dos traballadores e moito menos que a unidade de acción sindical asegure o éxito de seguimento por parte dos traballadores das mobilizacións.

Ao “sindicalismo sen subvencións” temos que recordarlle, antes que nada, que os locais sindicais, os ordenadores, o teléfono, o fax, a fotocopiadora, o fax, o pago por parte da administración dos liberados, etc. son subvencións, xa que están pagados cos impostos de todos.



A experiencia, con todo, non acredita que os sindicatos “sen subvencións” garantan un sindicalismo mobilizador contra os recortes e moito menos que a “unidade de acción sindical” asegure o éxito de seguimento por parte dos traballadores das mobilizacións

A independencia económica a respecto da Administración, que segundo eles lles permite convocar mobilizacións contra calquera medida inxusta contra os traballadores tampouco se cumpre. De feito aquí, en Galicia, non convocou ningunha mobilización de maneira independente contra ningún dos recortes sufridos nestes 3 anos (supresión paga extra, eliminación días vacacións, eliminación días particulares).

As únicas mobilizacións coñecidas convocadas polos “independentes” foron a venda de seguros contra os descontos das baixas laborais e a critica permanente aos outros sindicatos.

Con todo, os “sindicatos con subvencións”, supostamente menos independentes, foron os que durante estes anos convocaron mobilizacións contra todos os recortes, incluídas folgas xerais.

En Xustiza mobilizáronse contra as taxas xudicias (recollida de máis de 400.000 sinaturas e manifestación en Madrid) logrando unha pequena modificación da lei, logo contra a privatización do Rexistro, que sen estar conseguida está próxima, e agora contra a redución de partidos xudiciais.

A experiencia, como dixen antes, deixa claro que a maior ou menor combatividade dun sindicato non a marcan as subvencións e moito menos a venda de seguros contra os descontos.

Para moitos a “unidade sindical” é a que garante o éxito dunha mobilización, pero a experiencia volve ser caprichosa e demostra o contrario.

O exemplo máis recente e palpable en Galicia témola no fracaso das recentes convocatorias de concentracións, por parte de todos os sindicatos (CCOO, USO, UGT, CSIF, CIG, STAJ), contra a privatización do rexistro civil e a redución de partidos xudiciais.

O fracaso non é en absoluto achacable os traballadores, avogados, asociacións, xa que durante estes anos foron quen de participar de maneira activa en todas as mobilizacións, especialmente en Xustiza.

Como dicía, a experiencia demostra que o necesario é a “unidade dos traballadores” e uns sindicatos e sindicalistas, con independencia de subvencións ou non, que sexan quen de canalizar a indignación dos traballadores e de ser valorados por estes.

Loitemos pois por uns sindicatos e sindicalistas dignos e que crean nos dereitos colectivos e non nos persoais.


A necesidade dos sindicatos
A necesidade do sindicalismo