A maxistrada Dalila Dopazo Blanco, galardoada na vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo

4 de xuño de 2014

Dalila Dopazo Blanco
A maxistrada no Xulgado do Social número 3 de Lugo, Dalila Dopazo Blanco acaba de ser recoñecida co Premio Lois Pena Novo que outorga a Fundación homónima co obxecto de recoñecer o labor, tanto individual coma colectivo, daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administracións públicas e que fan, co seu traballo cotiá, publicacións, estudios ou traballos de investigación que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Tamén foron premiados o catedrático Jorge Mira Pérez e o Colexio Oficial de Traballadores e Traballadoras Sociais de Galicia.


Dalila Dopazo Blanco, maxistrada no Xulgado do Social nº 3 de Lugo, anteriormente destinada en Pontevedra, Tarragona e Barcelona. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Título de especialista en Dereito Civil de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela. Autora de diversos relatorios e artigos, entre os que se contan A mellora tácita. Dereito común e dereito foral galego (REXURGA nº52) ou A quebra da progresividade no proceso de normalización lingüística no Decreto para o plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia en VILLARES NAVEIRA, L (coord.): Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo (Ed Laiovento, 2010)