No soporta Object

Novo prazo de matrícula para as probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo ofimático de Galicia

20 de xuño de 2014

Escola Galega de Administración Pública
A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para completar o número de solicitudes presentadas nas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que terán lugar do 20 ao 28 de outubro e que foron convocadas no DOG do 27 de febreiro.

Co fin de cubrir as prazas vacantes a EGAP abre un prazo de presentación de solicitudes na súa zona de matrícula (http://egap.xunta.es/matricula) desde as 8 horas do 16 de xuño ata as 14 horas do 23 de xuño.

Probas de avaliación co prazo de matrícula aberto:


Probas de avaliación


Máis información

Competencias necesarias para a súa obtención

DECRETO 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.