Expedientes xudiciais estragados en Ourense

3 de xullo de 2014

O Pazo Xudicial de Ourense asolagado pola auga por mor dunha avería a última noite.



http://www.laregion.es/media/laregion/images/2014/07/03/2014070318173352124.jpg
Unha avaría de auga, rexistrada durante a noite, asolagou dúas plantas do Pazo de Xustiza de Ourense, sendo o despacho do xuíz e da secretaria do Xulgado do Penal nº2 as dependencias xudiciais máis afectadas.

Segundo a Xunta, persoal de mantemento e de limpeza traballou arreo e malia todo, mantívose a actividade xudicial, aínda que algúns xuízos rexistraron pequenos retrasos.

Os danos máis suliñables ocasionados por esta avaría refírense a un número indeterminado de expedientes que resultaron estragados pola auga. Nos vindeiros días, o persoal do Xulgado do Penal nº2 determinarán o número de expedientes afectados e o seu grao de afectación. O Goberno Galego admite que "semella que algúns deles poderían resultar irrecuperables e que haberá que reconstruilos, un trámite previsto na lei e que non supón a reprodución das actuacións".

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense promete que traballa para recuperar a normalidade nas dependencias xudiciais.


Publicado o 03/07/2014 en www.galiciaconfidencial.com

Ligazón permanente