No soporta Object

Paga extra 2012. Solicitude de extensión de efectos

15 de xullo de 2014

Alternativas na xustiza galega
Como xa sabedes, varios xulgados do contencioso administrativo ditaron sentenzas, xa firmes, polas que se recoñece o dereito á devolución da paga extra de decembro do 2012 e de parte da paga extra adicional que aboa a Xunta.

Ábrese, xa que logo, a posibilidade de solicitar a extensión de efectos das devanditas sentenzas aos funcionarios, tamén aos interinos, que estiveran traballando, na súa totalidade ou en parte, durante o período comprendido entre o 1 de xuño ao 1 de decembro de 2012.

Para iniciar os trámites cómpre que se aporte a seguinte documentación:


  • Certificación do secretario xudicial no se prestaron servizos durante o período indicado e corpo no que se prestaron (auxilio, tramitación, xestión).

  • Copia da nómina correspondente ao mes de xuño de 2012 (paga extra do verán)

  • Copia da nómina correspondente ao mes de decembro de 2012

  • Fotocopia do DNI


As nóminas poden descargarse dende o CIXTEC

Deberá indicarse tamén un domicilio/xulgado ou fax para recibir as notificacións.

Con esta documentación, a asesoría xurídica elaborará o escrito para iniciar de xeito inmediato a presentación das solicitudes.

A tramitación da solicitude é de balde para os afiliados a Alternativas. Os non afiliados deberán aboar unha pequena cantidade.