Concurso de traslados: Publicación no BOE de 12 de agosto das adxudicacións provisionais e prazo de alegacións

12 de agosto de 2014

Alternativas na Xustiza galega
No BOE de hoxe, 12 de agosto, veñen de publica-la Orde JUS/1508/2014, de 17 de xullo, po la que aproban a relación de excluidos e  anuncian os lugares nos que se atopan  a disposición dlos interesados os anexos III do concurso de traslados para cubri-las prazas entre funcionarios dos Corpos e Escalas deXestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/808/2014, de 29 de abril. (ligazón)

Os funcionarios interesados terán un prazo a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no «Boletín Oficial do Estado» e ata o 15 de setembro de 2014,a súa disconformidade cos datos obrantes  no anexo III, para o que deberán solicita-la súa corrección mediante o anexo IV (modelo de alegacións) publicado no BOE de  19 de maio de 2014 e na páxina web do Ministerio de Xustiza, aportando a proba documental correspondente.

O modelo de alegacións e a documentación que se presente, no seu caso, deberan remitila preferentemente ao Ministerio de Xusticia mediante fax, dirixido á atención de «Concursos-Despacho 220», aos seguintes números:

913904295 / 913902394 / 913904279 / 913904250 /913902076