Homenaxe ao fiscal Benito Montero pola súa xubilación

5 de setembro de 2014

Benito Montero Prego
A Fiscalía de Pontevedra prepara unha homenaxe a un dos seus membros máis destacados con motivo da súa xubilación, o fiscal Benito Montero Prego. Montero xubílase o próximo día 11 e o 3 de outubro o mundo da Xustiza pontevedresa arrouparao nunha comida homenaxe en Cambados. Montero destaca polo seu importante labor en favor da normalización do uso do galego na Xustiza a través da Irmandade Xurídica Galega.


Publicado o 05/09/2014 en www.farodevigo.es

Ligazón