Interinos. Listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo (actualizado con listaxes por puntuación)

12 de setembro de 2014

Diario Oficial de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 173, de 11 de setembro do 2014, publícase a Resolución do 2 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.

Lémbrase que o prazo de reclamación é de 10 días hábiles dende a súa publicación e remata o 23 de setembro de 2014 (incluído).


Ligazón

Listaxes por orden alfabético


Listaxes por puntos

- A Coruña 

- Lugo 

- Ourense 

- Pontevedra 






Texto

En cumprimento do disposto no artigo 12 da Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, así como no punto décimo primeiro da Resolución do 15 de xaneiro de 2014 pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, e unha vez vistas as solicitudes recibidas e baremados os méritos acreditados polos aspirantes,

RESOLVO:

1. Aprobar as listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, así como a súa baremación provisional, e acordar a súa publicación nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.

2. Os interesados terán dez días hábiles desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio de exposición das listas provisorias para reclamar sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014