A Xunta publica o decreto que regula a estrutura da oficina fiscal que se caracteriza por fomentar o dedismo e as privatizacións

6 de octubre de 2014


Alternativas na Xustiza galega


Dende Alternativas consideramos que o Decreto 124/2014, do 11 de setembro, polo que se determina a estrutura e a organización da oficina fiscal en Galicia e da Unidade de Apoio á Fiscalía Superior, que se publicou no DOG o 30/09/2014, é un paso atrás para os dereitos dos traballadores e unha burla máis  ao servizopPúblico da Xustiza por parte do Goberno galego.


Alternativas presentara, xa mesmo, o Fiscal Xeral, como “garante da legalidade, dos dereitos dos cidadáns, do interese público tutelado pola Lei, de oficio ou a petición dos interesados...”, unha carta denunciando o Decreto por:

  • Fomentar o dedismo ou enchufismo, ao introducir a libre designación como forma de provisión dos postos de secretario/a persoal, tanto na fiscalía superior como en cada fiscalía provincial. Para maior descaro, os postos de libre designación poden ser cubertos non só por funcionarios da administración de Xustiza, senón que tamén poden nomearse funcionarios da Xunta de Galicia


  • Introducir a formula da privatización, moi común a este goberno, a través da entrega a unha empresa privada do sistema de xestión da calidade. Parece non lembrar a Xunta de Galicia que os bancos, Pescanova e outras empresas estaban auditadas por empresas privadas e xa sabemos cal foi o resultado…


  • Pretender, unha vez máis, a indefinición nas funcións dos traballadores ao incluír a nefasta expresión “funcións análogas”. Os traballadores temos a obriga de cumprir coas nosas funcións pero tamén temos o dereito de saber cales son as nosas funcións.


  • Non recoller nada máis que “intencións”, sen un compromiso real, sobre a ampliación dos exiguos cadros de persoal actuais e supeditadas esas “boas intencións” ás dispoñibilidades orzamentarias.

  • Facer unha Fiscalía ao gusto dos fiscais, especialmente do fiscal superior e dos fiscais xefes provincias, e non buscando dar resposta ás necesidades de modernización e adaptación do servizo público aos cambios na sociedade e aos avances tecnolóxicos


  • Ter, en definitiva, como finalidade propiciar futuros titulares propagandísticos nos medios de comunicación do tipo “O Goberno de Feijoo e Rueda pioneiros no desenrolo da oficina fiscal de Galicia”, que é a forma que teñen de actuar: facendo que fan algo sen gastar un “can”.


Para Alternativas na xustiza é imprescindible:



  • Eliminar os postos de libre designación, eliminar a expresión “funcións análogas” e ampliar os cadros de persoal de maneira inmediata.


  • Que os postos de traballo só poidan ofertarse a traballadores da administración de Xustiza, pois non entendemos cal é o motivo para ofertar prazas a compañeiros doutras administracións cando os funcionarios de xustiza teñen unha formación especifica.


  • Que no Decreto se garanta que a provisión por concurso de méritos dos postos de coordinadores non suporá o traslado forzoso de ningún funcionario das Fiscalías.


  • Todos coñecemos as formas ditatoriais e impositivas da Xunta á hora de negociar. Pero facémonos unha pregunta: cantas asembleas informativas ou medidas de presión formularon os sindicatos presentes na mesa sectorial, que se sentan a negociar coa Dirección Xeral de Xustiza, co fin de informar ós traballadores e loitar para evitar este “rancio” modelo de Oficina Fiscal?