O calendario laboral para o 2015 recolle oito festivos nacionais, un menos que este ano

24 de outubro de 2014

En Galicia será festa tamén o 2 de novembro, luns, (porque o 1, Día de Todos os Santos, cae en domingo); o 2 de abril, Xoves Santo; e o 25 de xullo, Santiago Apóstolo. 


No 2015 contaremos cun total de oito festas nacionais comúns a todas as comunidades autónomas, unha menos que no 2014, das que só tres se celebrarán entre semana, segundo unha resolución da Dirección Xeral de Emprego publicada este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE).

En concreto, o próximo ano haberá sete días festivos nacionais «non sustituibles»: 1 de xaneiro (xoves), 3 de abril (venres), 1 de maio (venres), 15 de agosto (sábado), 12 de outubro (luns), 8 de decembro (martes) e 25 de decembro (venres). A estes sete festivos «non sustituibles» hai que sumar outro máis, o 6 de xaneiro (martes), que será festa en todas as comunidades autónomas porque ningunha rexión exerceu a súa facultade de cambiar este festivo a outro día.

As oito festas nacionais do 2015 son, xa que logo, o Ano Novo (1 de xaneiro), a Epifanía do Señor (6 de xaneiro, Reyes), o Venres Santo (3 de abril), a Festa do Traballo (1 de maio), a Asunción da Virxe (o 15 de agosto), a Festa Nacional de España (o 12 de outubro), a Inmaculada Concepción (o 8 de decembro) e a Natividade do Señor (o 25 de decembro, Nadal).

No 2015 non se engaden como festivos nacionais o 1 de novembro (Día de Todos os Santos) nin o 6 de decembro (Día da Constitución Española) por caer en domingo, aínda que os dous luns seguintes a estas dúas datas (2 de novembro e 7 de decembro) serán festivos nalgunhas comunidades, as que o decidiron así, pero non en todas. Así, o 2 de novembro será festa en Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Estremadura e Galicia, mentres que o 7 de decembro será festivo en Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Murcia e A Rioxa.

En virtude da facultade dos gobernos rexionais de cambiar determinadas festas, o 2 de abril (Xoves Santo) será festivo en todas as comunidades autónomas, salvo en Cataluña e Comunidade Valenciana, mentres que o 19 de marzo (San José) só será festivo na Comunidade Valenciana, Madrid, Murcia, Navarra e País Vasco. Pola súa banda, o 25 de xullo (Santiago Apóstolo) só será festivo en Galicia, Navarra e País Vasco.

Sen longas pontes


Fai un par de anos xurdiu o debate sobre a necesidade de evitar os macropuentes e o Goberno, xunto aos axentes sociais, púxose a traballar niso. A idea era a de acometer cambios lexislativos para posibilitar a mobilidade de determinados festivos, especialmente cando caen entre semana. No 2014 non fixo falta porque o calendario laboral non se prestaba a moitas pontes. Este ano tampouco.

Os tres días que se decidiu que poderían ser susceptibles de modificación son o 15 de agosto (Asunción da Virxe), 1 de novembro (Día de Todos os Santos) e 6 de decembro (Día da Constitución Española), que este ano caen en fin de semana nos tres casos.


Publicado o 24/10/2014 en www.lavozdegalicia.es

Ligazón permanente