Recurso de casación en interese de lei contra sentenza sobre devolución da paga extra de 2012. Contía da paga adicional

24 de marzo de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 56, do 24 de marzo de 2015, publícase o seguinte:


Edicto

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por medio deste edicto anuncia:

No recurso de casación en interese de lei número 309/2014, seguido por instancia da Administración autonómica, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza: 53/2015.

Relator: Julio César Díaz Casales.

Recurso de casación en interese de Lei número 309/2014.

Recorrente: a Administración autonómica.

Recorrida: Felipe Traveso García.

É parte o Ministerio Fiscal.

No nome do rei.

A sección especial para o coñecemento dos recursos de casación en interese de lei da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou a seguinte

Sentenza:

José María Gómez y Díaz-Castroverde.

José Antonio Méndez Barrera.

Fernando Seoane Pesqueira.

Julio César Díaz Casales.

José Ramón Chaves García.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

No presente recurso de casación en interese de lei, que co número 309/2014 se segue ante esta sala, interposto polo letrado da Xunta de Galicia, en nome e representación da Administración autonómica, contra a sentenza número 119/2014, con data do 20 de xuño de 2014, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento abreviado número 61/2014. É parte recorrida Felipe Traveso García, representado pola procuradora Ana María Tejelo Núñez. É parte o Ministerio Fiscal.

É relator Julio Cesar Díaz Casales.

Resolvemos:

Que debemos estimar e estimamos o recurso de casación en interese de lei interposto polo letrado da Xunta de Galicia contra a Sentenza 119/2014, do 20 de xuño, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, e fixamos como doutrina legal a seguinte:

«De acordo co previsto no artigo 1.1 da Lei do Parlamento de Galicia 9/2012, a supresión da paga adicional do persoal ao servizo da Administración de xustiza no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prevista no artigo 12.3 da Lei do Parlamento de Galicia 14/2006, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2007, farase efectiva desde a entrada en vigor desta Lei do Parlamento de Galicia 9/2012».

Non se fai expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Ordénese a publicación da presente sentenza no Diario Oficial de Galicia para os efectos do previsto no artigo 101.4 da LRXCA.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E, como consecuencia do ordenado na resolución da sentenza, expídese este edicto para a notificación do encabezamento e resolución da sentenza no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2015



Ligazón