Control do horario. "Histórico" do mes de marzo

7 de abril de 2015


Alternativas na Xustiza
Xa está dispoñible o "histórico" do horario do mes de marzo do 2015.

Tende en conta que o artigo 13 da Resolución de 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan as instrucións relativas ao horario dispón:

“mensualmente a aplicación informática ofrecerá o balance resultante das marcaxes e, se é o caso, das incidencias rexistradas. No caso de existir desconformidade co resultado, poderase reclamar ante o servizo de xustiza da xefatura ou delegación territorial correspondente durante un prazo máximo de 5 días hábiles.”

Desde Alternativas Xustiza, e co fin de facilitar aos traballadores a información necesaria para que poidan consultar e controlar o correcto funcionamento do balance horario elaboramos unha guía que podes consultar aquí.