Carta ao Director Xeral de Xustiza sobre a relación de prazas que se ofrecen no concurso de traslados

5 de maio de 2015




A aparición e desaparición de prazas en todos os concursos de traslados no seu departamento é digna do mellor xogador de póker. En cada unha das relacións de prazas que fixo públicas a Dirección Xeral de Xustiza apareceron prazas novas ao tempo que desaparecían outras.


Na listaxe de prazas publicada hoxe, 5 de maio, imaxino que aproveitando que se incluíron as prazas das Fiscalias, desapareceron por arte de maxia prazas que aparecían na relación anterior. E segue sen aparecer algunha praza que non aparecía en ningunha das anteriores, a pesares de ser reclamada por Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT).


Prazas que aparecían na anterior relación e agora non aparecen


Tramitación: Oficina de Rexistro e Reparto de Pontevedra (xubilación), 1 praza na Fiscalia Coruña


Xestión: 1 praza na sala do contencioso do TSXG - A Coruña (praza vacante por xubilación que por segunda ano desaparece da oferta de prazas. Será que ten nome e apelidos).


Prazas que NON apareceron en ningunha relación


Tramitación: 1 praza no Mixto nº 2 do Barco de Valdeorras.


Xestión: 1 praza na sala do contencioso do TSXG - A Coruña, 1 praza no SCNE de Vigo, 1 praza na sala do social do TSXG - A Coruña, 1 praza no SCNE da Coruña.


Estas son as prazas das que temos constancia, aínda que seguro que ten algunha máis gardada na manga.


Estamos seguros que para todos os traballadores que están fóra de Galicia, que se contan por decenas, e tamén para os que estamos en Galicia, esta política caciquil e escurantista coas prazas provoca repulsión e indignación. Se a todo o anterior unimos a negativa da Consellería a convocar os cursos de linguaxe administrativo, aos traballadores galegos da administración de Xustiza nos lles quedará outra que practicar o que vostedes chaman "mobilidade exterior", e dicir, unha emigración permanente.


Por todo o anterior, non solicitamos senón que esiximos a oferta de todas as prazas vacantes para que o concurso de traslados sexa real e non un lavado de cara para esa Administración.


5 de maio de 2015



DIRECTOR XERAL XUSTIZA
Praza de Europa nº 5-A, 4º andar
Santiago de Compostela