Formación: Apertura de novo prazo de presentación de solicitudes de cursos para o persoal da Administración de xustiza

11 de maio de 2015


A EGAP abre un novo prazo de matrícula para algunhas das actividades convocadas no DOG do 3 de marzo destinadas ao persoal da Administración de xustiza, co fin de cubrir as vacantes existentes.

O novo prazo de matrícula comezará ás 8 horas do día 11 de maio e rematará ás 14 horas do 17 de maio. As solicitudes deberán presentarse en http://egap.xunta.es/matricula


Máis información...