Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

4 de maio de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 82, do 4 de maio de 2015, publícase a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.


Texto

Artigo 12. Persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza

Queda excluído do ámbito de aplicación desta lei o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, agás o previsto na letra g) da alínea primeira do artigo 155.

- - - -

Artigo 155. Unidades electorais do persoal funcionario

1. Nas administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei existirán, como mínimo, as seguintes unidades electorais:

g) Unha en cada provincia para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.



Ligazón