As nosas propostas: 5-6-7. Gardas. Fiscalías. Imelga

5 de xuño de 2015




Gardas - Traballo en días non laborais

Gardas de 24 horas nos xulgados de instrución de Vigo e A Coruña. Redución das gardas de permanencia de 8 a 3 días para garantir horarios e tempos de descanso. Compensación cun día de libranza das xornadas de traballo realizadas en día non laborable ou das gardas de dispoñibilidade en caso de eleccións (xurisdición contenciosa) ou outras actuacións urxentes





Fiscalías

Os procesos de acoplamento derivados da implantación da nova oficina fiscal non poderán supor redución ningunha nas retribucións. Inclusión nos concursos ordinarios dos postos de libre designación. Renegociacion das RPT en función do aumento da carga de traballo. Ao igual que en calquera outro órgano xudicial, conversión dos reforzos en cadros de persoal estrutural.





IMELGA - Médicos forenses


Gardas de 24 horas


A Unión Europea declarou ilegais as gardas semanais por incumprimento dos tempos de descanso. Segundo consta en Directiva sobre o Tempo de Traballo 2003/88/CE, a Comisión insta a España a respectar os dereitos dos médicos forenses no concernente ao horario de traballo máximo e os períodos mínimos de descanso. Este descanso só poderíase conseguir realizando gardas de 24 horas.



Recoñecemento de enfermidades profesionais


Os médicos forenses non están incluídos en ningunha lista de enfermidades profesionais, sendo consideradas todas as incidencias de saúde como accidentes laborais e non enfermidades. Dados os riscos aos que se está exposto como médico forense sería necesario que se recoñecese unha lista de enfermidades profesionais, similar, por exemplo, á das profesións sanitarias.



Complementos de nocturnidade, perigosidade, toxicidade e penosidade


Os médicos forenses non teñen, hoxe en día, recoñecidos estes complementos salariais, a pesar de que o seu labor implica traballar de noite, con riscos tanto biolóxicos coma físicos e en condicións que distan moito das ideais nun posto de traballo.



Equipos psicosociais


Creación, con carácter permanente, de equipos psicosociais en todos os centros de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), cos medios materiais e informáticos necesarios para o desenvolvemento do seu labor.



Máis informción...