Concurso de traslados: Confección de solicitudes de forma telemática a través do asistente

6 de xuño de 2015



Para a tramitación das solicitudes para participar no concurso de traslados está dispoñible unha aplicación do Ministerio de Xustiza que permite xerar un borrador da solicitude e modificalo as veces que fora necesario ata obter a solicitude definitiva. A gran vantaxe desta aplicación é que se visualizan os códigos xunto cos nomes dos órganos xudiciais, o que limita os erros na introdución dos datos. Así mesmo, unha vez introducidas todas as peticións de órganos, resulta moi sinxelo modificar a súa orde.

Debemos de ter en conta que, unha vez confeccionada a solicitude definitiva, debemos xerar o impreso de solicitude definitivo (o borrador que poidamos imprimir non é válido) e presentalo na forma ordinaria de acordo co que se especifica nos puntos 1 a 7 da resolución pola que se convoca o concurso.

Nas bases da convocatoria do concurso especifícase o seguinte:

Para os funcionarios que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, existe a posibilidade de cubrir a solicitude por medios telemáticos a través da intranet do Ministerio de Xustiza e do enderezo https://ainoa.justicia.es

Con isto conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, posto que os datos gravados polo concursante quedarán automaticamente almacenados no sistema informático.

Os concursantes que opten por esta modalidade deberán presentar o modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente informático, e non o borrador, xa que este non tería validez. A devandita presentación realizarase polo sistema ordinario, de acordo co especificado nos puntos 1 a 7 da presente base.

Se dentro do prazo de presentación de solicitudes algún dos solicitantes quere modificar unha solicitude xa confirmada, poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente.

Considerarase válida a solicitude que teña o selo do rexistro de entrada, dentro do prazo, con data posterior, quedando anulada, polo tanto, a solicitude que teña estampado o selo do rexistro de entrada con data anterior.



Ligazón: https://ainoa.justicia.es