A EGAP convoca unha xornada sobre a reforma do Código Penal

18 de setembro de 2015



A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 17 de setembro, a xornada A reforma do Código Penal a debate, co obxectivo de analizar as novidades introducidas pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica o Código Penal, e as normas complementarias desta, así como suscitar o debate sobre a conveniencia e utilidade de tales modificacións. En consecuencia, a finalidade deste encontro é trasladar unha visión ampla do novo marco legal en aspectos concretos que revisten particular interese pola novidade que comportan e/ou pola súa transcendencia práctica.

Esta actividade vai dirixida ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, avogados, procuradores, profesores e alumnos das universidades galegas e interesados en xeral.

Data: 30 de setembro
Duración: 6 horas lectivas
Horario: mañá e tarde
Lugar: Santiago de Compostela (EGAP, rúa Madrid 2-4)
Matrícula: ata o 28 de setembro en http://egap.xunta.es/matricula
Máis información en http://egap.xunta.es/fichanova/id/2198