Carta ao Director Xeral de Xustiza

14 de setembro de 2015



DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5- A 4º Andar
Santiago de Compostela


O mesmo día do Consello de Ministros onde a Vicepresidenta do Goberno de Rajoy anunciou a devolución de parte da paga extra suprimida ilegalmente, dende Alternativas na Xustiza-CUT (AXG-CUT) remitimos unha carta ao Vicepresidente e Conselleiro solicitando a constitución da Nova Mesa Sectorial de Xustiza, resultado dos resultados das últimas eleccións Sindicais, e que a mesma estivera presidida polo propio Alfonso Rueda, como máximo responsable da Xustiza en Galicia, para tratar a devolución da paga extra aos empregados públicos galegos.

Este sábado, coa formula habitual que utilizou o goberno de Rajoy ao longo destes 4 anos, se publicou o R.D Lei 10/2015, polo que se aproban “medidas en materia de emprego público”. Nel recóllense entre outras medidas:

- Recuperación de parte da paga extraordinaria e adicional do ano 2012

- Modificación do número de días de permiso por asuntos particulares (nove en xustiza)

- Incremento dos días de asuntos particulares en función á antigüidade

- Incremento dos días de vacación recoñecidos no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)

Para AXG-CUT é evidente que todos os dereitos neste R.D Lei son de aplicación directa a todos os empregados públicos da Administración de Xustiza de Galicia, en función ao recollido no artigo 503 da LOPX:

“1. Por causas xustificadas, os funcionarios terán dereito a iguais permisos e coa mesma extensión que os establecidos na normativa vixente aplicable aos funcionarios da Administración Xeral do Estado.

2. O disfrute destes permisos terá os mesmos dereitos económicos que os funcionarios da Administración Xeral do Estado”

No ano 2012, cando nos suprimiron inxustamente gran parte dos nosos dereitos, o Presidente da Xunta de Galicia e vostede mesmo alegaron que estaban obrigados a facer o mesmo que o Goberno de Madrid (Rajoy e cia.). Sería cando menos unha GROSERÍA non recoñecer o RD Lei publicado o sábado.

Por todo o exposto solicitamos que se convoque, dunha vez, a nova Mesa Sectorial de Xustiza, resultado das Eleccións Sindicais 2015, e que a Mesa a presida o Vicepresidente e Conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, para explicar a postura da Xunta de Galicia con respecto a este tema e outros moitos referidos a Xustiza e os dereitos dos traballadores, que están parados dende hai moitos meses.


Asdo. Pablo Valeiras Rios
Portavoz de AXG-CUT