Fronte común contra as agresións do Goberno da Xunta

17 de setembro de 2015




Coa intención de ser o máis obxectivos posible utilizaremos a noticia de "La Voz de Galicia" para facer a folla informativa da reunión da Mesa da Función Pública de Galicia na que están os Sindicatos (UGT, CIG, CCOO e CSIF).

A Xunta non contempla devolver ao seu persoal o que lle quita das extras 

O Executivo de Feijoo recoñece aos empregados públicos un lugar destacado entre «os cidadáns que máis achegaron á crise». Por iso, comprométese agora a intentar acelerar os prazos que se deu na Lei de Emprego Público e, si mantense a mellora económica, adiantar un ano a restitución do complemento específico das extras, que a norma prevé para o 2018.......”


  • A Xunta de Galicia continua coa política do pau e a cenoria:  "os empregados públicos ocupan un lugar destacado entre os cidadáns que máis achegaron a crise” pero, cando menos ata o 2017, e por Lei ata o 2018, non imos cobrar o CAT (complemento autonómico). 


“A Consellería de Facenda non contempla devolver o importe que eses 94.000 empregados cobrarán de menos durante os catro anos de aplicación desa restrición salarial, no caso de que finalmente restitúa o complemento específico das extras no 2017”


  • Se confirma o que levamos tempo dicindo. A Xunta de Galicia non ten intención de devolver nada do CAT dos anos 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017 (2.500€/ano aos Médicos Forenses, 1.270 €/ano aos Xestores, 970 €/ano aos Tramitadores e 870 €/ano os Auxilios Xudiciais)


“A Xunta descarta, xa que logo, seguir o criterio marcado polo Estado respecto da paga adicional de decembro do 2012, suprimida polo Goberno de Rajoy”


  • O Sr Feijoo que utilizou como escusa os recortes do Goberno de Rajoy para recortar en Galicia, agora, sen embargo, negase a devolver a paga extra nos mesmos prazos que o Goberno de Rajoy


“Mentres os 56.000 que traballan en Galicia para as administracións locais e para o Estado cobran as súas pagas extras íntegras, os que dependen da Xunta arrastran desde o 2013 unha tesoirada do 40 % nas súas”


  • En Galicia existen empregados públicos que cobran o 100% do soldo dende o ano 2013 e estamos os de Xustiza e Autonómica que vemos reducidos os complementos.

  • Os de Xustiza estamos dobremente discriminados pois os funcionarios da Administración de Xustiza de todo o Estado cobran o 100% dos seus Complementos.



O que está a suceder en Galicia obriga á creación dunha fronte común de todos os traballadores contra as políticas deste Goberno privatizador e antisocial.

AXG-CUT convidará, na constitución da nova Mesa Sectorial, saída das últimas eleccións sindicais de xuño, ao resto de Sindicatos a formar parte desta fronte común.