[02/10/2015] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

2 de outubro de 2015



Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan  para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 02 de outubro de 2015.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo  reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da  Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan  desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos  de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden  presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo  constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa  destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo)