Resolución do concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais

25 de novembro de 2015



No Diario Oficial de Galicia número 225, do 25 de novembro de 2015, publicouse a Resolución do 19 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de xullo de 2015.


Ligazón


Texto

Visto o expediente instruído para a provisión mediante concurso específico de méritos de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado do 28 de xullo), e de conformidade co disposto no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no capítulo II do título III e disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro

Resolver a adxudicación de postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo

A toma de posesión producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina fiscal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015



ANEXO
Denominación
do posto
Centro de destino
Localidade
Adxudicatario/a

Corpo
Coordinador/a III
Fiscalía Superior
A Coruña
María Pilar Rubido Pérez

CXPA
Coordinador/a I
Fiscalía Provincial
A Coruña
María Teresa Cayazzo Iglesias

CXPA
Coordinador/a II
Fiscalía Provincial
Lugo
María Luisa Pumariño Puga

CXPA
Coordinador/a II
Fiscalía Provincial
Ourense
Ana González González

CXPA
Coordinador/a I
Fiscalía Provincial
Pontevedra
Susana Posse Arenas

CXPA
Coordinador/a III
Fiscalía de Área
Ferrol
Félix Dopico Babío

CXPA
Coordinador/a II
Fiscalía de Área
Santiago de Compostela
Inmaculada Delgado Delgado

CXPA
Coordinador/a I
Fiscalía de Área
Vigo
María Isabel Ruiz Reiriz

CXPA
Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade III
Fiscalía Superior
A Coruña
Emilio Castro Bolaño

CTPA
Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade I
Fiscalía Provincial
A Coruña
Alfonso Blanco Rodríguez

CTPA
Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade I
Fiscalía Provincial
Pontevedra
Raquel Teijeiro Fernández

CTPA