Novo servizo de correo electrónico corporativo. Importar os contactos da conta de @justicia.es

28 de diciembre de 2015

Publicado na intranet xudicial.


Debido á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma procederá a prestar este servizo con contas de correo @xustiza.gal.

Proximamente informarase sobre as datas de activación do servizo. Cada usuario recibirá un correo no seu enderezo actual @justicia.es no que se detallarán o procedemento a seguir cos correos que teña que conservar e mais as URLs e contrasinais para acceder ao novo servizo @xustiza.gal.

Para saber como exportar os contactos da súa conta de correo @justicia.es e importar os contactos na conta de correo @xustiza.gal siga os pasos recollidos no documento que atopará premendo na seguinte ligazón.