Xulgado de Violencia sobre a Muller. Comunicado do Comité de Folga

16 de decembro de 2015


COMUNICADO DO COMITÉ DE FOLGA II

XDO. VIOLENCIA SOBRE A MULLER 
EXCLUSIVO DE VIGO

• O Tribunal Superior de Xustiza e Alfonso Rueda, que ao principio negaban a situación que se vive no Xulgado de Violencia contra a Muller, xa empezan a falar de que "hai aspectos mellorables nos Xulgados de Violencia de Xénero”


O goberno da Xunta de Galicia está a demostrar que é un goberno MACHISTA, a día de hoxe non se puxo en contacto para solventar os problemas denunciados polos traballadores e por Alternativas na Xustiza-CUT.

Nomear mulleres Conselleiras non deixa de ser un feito hipócrita se non se poñen os medios necesarios na LOITA CONTRA A LACRA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (educación, xustiza, asociacions, pisos, axudas)

O Sr Rueda falta á verdade cando afirma que necesita esperar o informe do TSXG para decidir medidas. O Persoal de Xustiza, o psicólogo, os habitáculos para as vítimas, as medidas para que os traballadores podan ampliar a xornada DEPENDEN ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE DA XUNTA DE GALICIA E DO SR. RUEDA EN PARTICULAR.

Tamén nos gustaría saber como poden tomar medidas sen falar cos traballadores que están todos os días coas mulleres maltratadas e cos profesionais. A Xunta mostra unha improvisación absoluta.

NON PODE SER que moitas mulleres maltratadas non denuncien por falta de confianza no sistema xudicial.

NON PODE SER que as medidas provisionalisimas teñan máis de 4 meses de retraso, provocando que os menores estén durante este tempo en contacto co maltratador.

NON PODE SER que os Menores teñan que ser coidados polos traballadores do xulgado mentras declara a maltratada.

NON PODE SER que os traballadores do xulgado estén de garda de luns a venres todo o ano.

NON PODE SER que o xulgado asuma os quebrantamentos coa nova reforma lexislativa, co mesmo cadro de persoal

POR DIGNIDADE E POR DEREITO