Carta ao Director Xeral solicitando que se equiparen os descontos dos Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios aos dos Maxistrados e Fiscais.

5 de xaneiro de 2016


Alternativas na Xustiza-CUT denunciou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o Decreto 169/2013, de 14 de novembro da Xunta de Galicia por discriminatorio cos Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios Xudiciais respecto a Fiscais e Maxistrados, por criminalizar aos traballadores por enfermar e por descontar parte do soldo, polos seguintes motivos:

  • Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995; Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela............. E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidad
    OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA por esas mesmas enfermidades sufrimos o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox.) e o 25% do 4º ao 20º (15€ aprox.).
  • Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por procesos oncolóxicos.
    OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA TEMOS desconto se o proceso oncolóxico non conleva TRATAMENTO.
  • Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
    AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por estas mesmas técnicas de reprodución asistida TEMOS o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox.) e o 25% do 4º ao 20º(15€ aprox.).
  • Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica.
    AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por esa mesma interrupción do embarazo TEMOS o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox.) e o 25% do 4º ao 20º(15€ aprox.).

Agora, máis de dous anos despois (BOE 31/12/15), a Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza publicou a resolución pola que se equiparan os descontos por Incapacidade Temporal dos Médicos Forenses, Xestores Procesuais, Tramitadores Procesuais, e Auxilio Xudiciais tanto con Maxistrados e Fiscais.

Por todo o antes exposto esiximos que a Dirección Xeral de Xustiza publique de maneira inmediata una resolución na que se equipare a regulación sobre descontos por Incapacidade Temporal dos Médicos Forenses, Xestores Procesuais, Tramitadores Procesuais e Auxilios Xudiciais á de Maxistrados e Fiscais

Galicia, 4 de xaneiro de 2016


Asdo. Pablo Valeiras Rios
Voceiro de Alternativas na Xustiza-CUT


SR. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar
Santiago de Compostela.