Escrito de AXG-CUT solicitando a adaptación do programa Minerva ás modificacións lexislativas

7 de xaneiro de 2016


A entrada en vigor da reforma do Código Penal (Lei Orgánica 1/2015) o 1.7.2015 non supuxo a adecuación inmediata dos modelos no programa Minerva nesa data, pois os cambios non estiveron a disposición dos usuarios ata o 1.12.2015, cos indubidables prexuízos que tal situación causou, tendo os funcionarios que modificar resolucións e outros atrancos inda máis salientables para adaptalos á legalidade vixente.

Coa entrada en vigor da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX) os Secretarios Xudiciais pasan a denominarse Letrados da Administración de Xustiza; coa entrada en vigor da nova Lei de Axuizamento Criminal os imputados pasan a chamarse investigados, por poñer só un par de exemplos.
Consonte ao disposto no artigo 560.3, parágrafo 2º da LOPX, “la implementación técnica de todas estas medidas en los programas y aplicaciones informáticas corresponderá al Ministerio de Justicia y demás administraciones con competencias sobre los medios materiales al servicio de la Administración de Justicia”.

O artigo 37 da mesma LOPX abunda, e no seu parágrafo 1 di: “Corresponde al Ministerio de Justicia o al órgano competente de la comunidad autónoma con competencias en materia de justicia proveer a los juzgados y tribunales de los medios precisos para el desarrollo de su función con independencia y eficacia”.

Tamén o artigo 230 da LOPX no seu parágrafo 1 determina: “Los Juzgados y Tribunales y las Fiscalías están obligados a utilizar cualesquiera medios técnicos, electrónicos, informáticos y telemáticos, puestos a su disposición para el desarrollo de su actividad y ejercicio de sus funciones […]”, mentres o seu parágrafo 2, fai a seguinte matización: “Los documentos emitidos por los medios anteriores, cualquiera que sea su soporte, gozarán de la validez y eficacia de un documento original siempre que quede garantizada su autenticidad, integridad y el cumplimiento de los requisitos exigidos por las leyes procesales”, o que non se produce na actualidade coa aplicación informática Minerva.

Por se fose pouco, a Lei 18/2011, de 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza, no seu artigo 1 define o obxecto desta lei, en concreto “2. En la Administración de Justicia se utilizarán las tecnologías de la información de acuerdo con lo dispuesto en la presente Ley, asegurando el acceso, la autenticidad”, obrigando o 8, “Los sistemas informáticos puestos al servicio de la Administración de Justicia serán de uso obligatorio en el desarrollo de la actividad de los órganos y oficinas judiciales”, ao que de ningunha maneira nos opoñemos os usuarios destes sistemas informáticos, senón que esiximos o cumprimento do establecido no artigo 25, en especial o seu apartado 2. c), “2. La aplicación de medios electrónicos a la gestión de los procedimientos, procesos y servicios irá siempre precedida de la realización por el Comité técnico estatal de la Administración judicial electrónica de un análisis de rediseño funcional y simplificación del procedimiento, proceso o servicio, en el que se considerarán especialmente los siguientes aspectos: […] c) La racionalización de la distribución de las cargas de trabajo”, é dicir, sen que teñan que solucionar os malos funcionamentos os seus usuarios (os funcionarios), reiterando a nosa disposición a colaborar coa Administración, pero coa obtención de correspondencia por parte desta, en atención á lei que vimos referindo, tamén nos seus artigos 37, 46, 47, 48 e seguintes, en especial no 52, no que se fala dunha actualización permanentepara la actualización del esquema judicial de interoperabilidad y seguridad”, competencia do Comité técnico estatal, quen, segundo o artigo 44, “El Comité técnico estatal de la Administración judicial electrónica estará integrado por una representación del Ministerio de Justicia y de cada una de las Comunidades Autónomas con competencias en la materia…”; daquela, enténdese mal isto de falar dunha administración xudicial electrónica cando os medios para utilizala son deficientes e non están adaptados á legalidade vixente. De novo…

Finalmente, e tendo en conta o disposto no Regulamento dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, que nos é de aplicación, así como o disposto no artigo 497 da LOPX polo que fai ás nosas obrigas como funcionarios da Administración de Xustiza, e en especial o referente ao apartado f) do artigo 478 do mesmo Corpo Legal, que establece como función para os corpos de Auxilio Xudicial: “Comprobar que los medios técnicos necesarios para el proceso judicial se encuentren en condiciones de utilización, requiriendo, en su caso, la presencia de los servicios técnicos que correspondan, para permitir el adecuado funcionamiento de dichos dispositivos, poniendo en conocimiento del secretario judicial las anomalías detectadas que pudieran impedir la celebración de actos procesales”, é, a maior abundamento, o artigo 8 j) do Real Decreto 796/2005, de 1 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que cualifica como falta grave: “La utilización inadecuada de los medios informáticos y materiales empleados en el ejercicio de sus funciones”, e tendo en conta que existe unha prohibición expresa para que os funcionarios poidamos facer versións dos modelos inseridos no programa Minerva, que deben ser utilizados tal e como figuran no mesmo…

En aras do cumprimento da legalidade en vigor, para evitar a interposición de recursos polos afectados (o público en xeral) aos que teríamos que informar se o preguntasen (salvagardando por suposto a nosa obriga de gardar secreto das actuacións que coñezamos no exercicio da nosa función, para non incorrer en causa de aplicación do réxime disciplinario), en evitación dunha nova demora de CINCO MESES para a actualización do programa Minerva, e dado que os funcionarios estamos a recibir presións por parte dos superiores xerárquicos, tentando estes que suplamos as carencias da Administración por aplicación deficiente do disposto na LOPX e demais leis citadas, é polo que FORMULAMOS ESTA QUEIXA ante a Dirección Xeral de Xustiza en Galicia para que tome as medidas precisas para solucionar INMEDIATAMENTE estes atrancos para o traballo diario de quen de maneira directa ten que arrostrar o que supón as deficiencias dos programas informáticos, e que o faga por si ou con traslado ao Ministerio de Xustiza, no caso de non ser competente para o facer.


Galicia, 4 de xaneiro de 2016


Asdo. Pablo Valeiras Rios
Voceiro de Alternativas na Xustiza-CUT


SR. DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar
Santiago de Compostela.