Informacion reclamación Paga Extra

14 de xaneiro de 2016

Dende Alternativas na Xustiza-CUT sempre fumos prudentes coa reclamación da paga extra debido as discriminacións que existian polas diversas sentencias nos diferentes xulgados de galicia (as diferenzas podían acadar máis de 500 Euros segundo xulgado e localidade).

Cando fomos quen de conseguir unha mellora nas reclamacións debido á sentencia do tribunal superior de xustiza relativa á paga adicional, presentamos moitas reclamación previas en espera de presentar a demanda contenciosa respectiva, pero a delegación provincial de pontevedra informounos que a xente que tivera sentencia, non recuperaba o 100% de todos os conceptos (paga extra e adicional), como así acadarían os que o cobraban de oficio, e tendo en conta que as eleccións ían acelerar o pago de oficio, pois decidimos esperar para que ninguén perdera xa máis do que nos roubaron.

Nestre intre onde cobramos só o 50% do adebedado, a axencia tributaria informou ás delegacións que cando se faga o último pago da extra, ninguén poderá sufrir discriminación, todos, todos, teñan sentencias con diferentes importes etc, imos cobrar igual, que é o xusto e lexítimo.

E así as cousas a todos aqueles que presentaron con nós a reclamación previa faremos a correspondente demanda(poñerémonos en contacto con vós), xa que aínda que nos diferentes xulgados nos den cantidades diferentes, no ultimo pago que faga a administración, todos cobraremos igual, así pagarannos algún interés, xa sexa dende decembro 2012 ou subsidiariamente dende a reclamación previa (abril e maio 2015) e empuxaremos á administración da Xunta a que devolvan canto antes o que nos roubaron.

Galicia, 13 de xaneiro de 2016