Campaña de vixilancia da saúde. Recoñecemento médico anual

2 de febreiro de 2016


O martes 2 de febreiro comeza o período de inscrición da campaña de vixilancia da saúde para o ano 2016, que rematará o vindeiro 2 de marzo.


No DOG do día 1 de febreiro, publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos.

A inscrición previa debe realizarase a través da sección habilitada nesta páxina. Lembre que deberá incluír todos os datos que figuren no formulario, xa que a falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Rematada a inscrición, obterá un xustificante de consentimento que deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición remata o 2 de marzo, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

- Solicitude de Recoñecemento Médico

- Modificar a súa solicitude de Recoñecemento Médico

- Anular a súa solicitude de Recoñecemento Médico

Se por algunha circunstancia ou causa xustificada vostede non pode solicitar correctamente o recoñecemento médico, póñase en contacto co Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
A Coruña: 981 184 491
Lugo: 982 294 886
Ourense: 988 386 791
Pontevedra: 986 805 295
Santiago: 981 544 900


Ligazóns relacionadas