No Diario Oficial de Galicia (DOG) do xoves 11 de febreiro publican a Resolución de 8 de febreiro de 2016 pola que a EGAP (Escola Galega de Administratición Pública) convoca actividades formativas para o personal ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
Requisitos dos participantes
Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:
Empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de Xustiza en Galicia en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado de un fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.
Os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes
O prazo da presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na dirección http://egap.xunta.es/matricula
Acceso ao DOG
Etiquetas: Formación