A Coruña: O grupo de Goberno levará a Pleno mocións nas que insta á Xunta a dotar de medios o xulgado de Violencia de Xénero

11 de febreiro de 2016

A iniciativa de Alternativas na Xustiza - CUT


O grupo de Goberno levará este xoves ao Pleno municipal dúas mocións nas que instará tanto á Xunta como ao Ministerio de Fomento e ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) a que doten dos medios precisos ao xulgado específico de Violencia sobre a Muller da Coruña, así como á conexión ferroviaria con Ferrol, respectivamente.

O grupo municipal que sustenta o Goberno local presentará mañá, día 11 de febreiro, unha moción a proposta da plataforma sindical Alternativas na Xustiza Galega-CUT na que solicita ao Pleno, como representante da cidadanía coruñesa, que asuma unha labor mediadora e inste á Xunta de Galicia a exercer “as súas competencias en materia de dotación dos medios materiais e persoais” que precisa o xulgado específico sobre Violencia de Xénero da cidade.

En concreto, a moción, indica que os xulgados específicos de atención á muller que existen en Galicia, radicados na Coruña e en Vigo, viven na actualidade unha situación próxima ao colapso, segundo denuncia parte do cadro de persoal dos mesmo, e recoñece o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
 (...)

Ler máis