Vigo: A Cidade da Xustiza podería ubicarse no antigo Hospital Xeral

15 de febreiro de 2016

A Xunta acaba de presentar unha proposta coa que pretende matar dous paxaros dun tiro, ubicando a Cidade da Xustiza de Vigo e dándolle utilidade ao edificio do antigo Hospital Xeral, baleiro trala apertura do Hospital Älvaro Cunqueira.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou a proposta este venres asegurando que se trataba dun traslado "viable técnica e económicamente". A administración autonómica adicaría o presuposto previsto para os novos xulgados (uns 25 millóns de euros) na reforma e adecuación do antigo hospital.

Ligazón