Curso superior de linguaxe xurídica para persoal destinado fóra de Galicia

3 de marzo de 2016



No Diario Oficial de Galicia número 43, do 3 de marzo de 2016, publícase a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 25 de febreiro de 2016, pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón


Anexo

O número de prazas do curso será de 60 (30 por edición). 

O curso impartirase segundo se indica a continuación:

FX16001 Curso superior de linguaxe xurídica galega 

Modalidade
   Horas
   Datas lectivas
   Exame final
Teleformación
   75
   4.4.2016 ao 5.6.2016
   11 de xuño
Teleformación
   75
   4.4.2016 ao 5.6.2016
   11 de xuño