Autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán

21 de abril de 2016


No Diario Oficial de Galicia número 76, do 21 de abril de 2016, publícase a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 13 de abril de 2016, pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón permanente


Solicitudes

[...]

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación na actividades formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

4. Ademais, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico .

[...}