[25/05/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

25 de mayo de 2016

Publicados na intranet xudicial novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 25 de maio de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo) ou preme en Ler máis...


LISTAXE DE PRAZAS

Substitucións entre titulares:

- Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08 DOG 15/05/08

- Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22

- Modelo: Anexo II


A CORUÑA

XDO. DO PENAL NÚM. 6 – A CORUÑA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Liberación sindical


XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚM. 1 – A CORUÑA

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade




DECANATO. SERVIZO DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS – FERROL

Corpo: Auxilio xudicial

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade



XDO. DE INSTRUCIÓN NÚM. 3 – FERROL

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade




OURENSE


XULGADO 1ª INSTANCIA NÚM 5 - OURENSE

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Vacante



XDO. PENAL NÚM. 2 - OURENSE

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Vacante




PONTEVEDRA


XULGADO 1ª INSTANCIA NÚM 11 - VIGO

Corpo: Auxilio xudicial

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade


XULGADO 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM 1 - VILAGARCÍA DE AROUSA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: : 25, 26 e 27 de maio de 2016

Motivo: Vacante