Visualización de trienios no expediente electrónico

5 de mayo de 2016

Publicado na intranet xudicial


Detectado un problema na consulta dos trienios amosada no expediente electrónico, infórmase de que se trata dun erro na súa visualización, sendo correctos os datos manexados na aplicación informática de xustiza.

Iniciados os traballos para resolver a incidencia, informarase a través desta mesma canle no momento no que o problema sexa solventado, polo que non se atenderán as solicitudes de modificación deste apartado ata que os datos amosados sexan os contidos na aplicación.