[14/06/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

14 de xuño de 2016


Na intranet xudicial publicáronse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 14 de xuño de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo)


Listaxe de prazas


AVISOS

Substitucións entre titulares:

Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08
DOG 15/05/08

Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22

Modelo: Anexo II



A CORUÑA


XDO. DO PENAL NÚM. 6 – A CORUÑA

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Liberación sindical


DECANATO. SERVIZO COMÚN DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA E ASISTENCIA Á VITIMA – FERROL

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Vacante


XDO. DO PENAL NÚM. 1 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Corpo: Auxilio xudicial

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Vacante



OURENSE


XULGADO 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM. 1 – O CARBALLIÑO

Corpo: Auxilio xudicial

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Vacante



PONTEVEDRA


XDO. INSTRUCIÓN NÚM. 8 – VIGO

Corpo: Tramitación procesual e administrativa

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade


XDO. 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚM. 4 – CAMBADOS

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: 14,15 e 16 de xuño de 2016

Motivo: Comisión de servizos