Mesa Técnica de Xustiza: Substitucións, comisións de servizos e adscricións

14 de xuño de 2016

Nota informativa da reunión da Mesa Técnica de Xustiza, celebrada na Dirección Xeral de Xustiza o día 14 de xuño.


As constantes denuncias de Alternativas na Xustiza-CUT sobre:

- adscrición da praza do Xulgado do Social nº 4 de Ourense

- e a esixencia do cumprimento da normativa sobre substitucións verticais e horizontais

obrigaron á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia a convocar unha Mesa técnica  sobre “Provisión de postos por vacantes ou desocupación temporal da persoa titular”

Na reunión a Subdirectora Xeral falou da intención da Xunta de Galicia de abrir unha negociación sobre Substitucións, Comisións de Servizo e Adscricións.


Substitucións

Dende Alternativas na Xustiza-CUT adiantamos a Subdirectora que:

- Non asinaremos ningún acordo que non recolla o cobro do 100% das retribucións (A igual traballo, igual retribución).

- Queremos que se suprima o límite de 15 días para estar de baixa e non perder a substitución.

- Solicitamos creación de prazas de Auxilio Xudicial nos Decanatos e suprimir as Atribucións recollidas na orde de substitucións por non ser efectivas.

- Regulación do termo “baixa de longa duración” para evitar que a Dirección Xeral cubra con substitución só cando o “considere oportuno”

Pola súa parte a Subdirección quere penalizar a todas aquelas persoas que acepten unha substitución e logo renuncien antes da cobertura da praza polo titular.


Comisións de Servizos

Tras anos solicitando a regulación das Comisións de Servizos por parte dos Sindicatos agora a Dirección Xeral de Xustiza de Galicia abre a posibilidade de regular as Comisións de Servizo.


Adscricións

A Subdirección de Xustiza recoñece algún “erro” nas comunicacións dalgunhas solicitudes de Adscrición pero négase a revogar a adscrición do Social nº 4 de Ourense por considerar que nese caso os tramites se cumpriron.

A Subdirectora propuxo a regulacións das Comisións de Servizos como fórmula alternativa as Adscricións, pois as Comisións son temporais e as adscricións son definitivas.

Dende Alternativas na Xustiza-CUT reiteramos a falta de notificación de petición e da concesión da Adscrición, a falta de publicación da adscrición.