Ourense. Información sobre o novo edificio xudicial

2 de xuño de 2016

Trala reunión mantida por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT co Xuíz Decano a fin de solucionar a falta de corredor entre a parte interna e a parte pública da planta soto do novo edificio xudicial, e a posibilidade do traslado da oficina de atención ao cidadán a fin de mellorar o servizo público, a Xefatura Territorial da Xunta de Galicia infórmanos dunha próxima reunión con todos os axentes xurídicos para tratar de solucionar o problema.

Ourense, 2 xuño de 2016