[26/07/2016] - Publicada a listaxe coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

26 de xullo de 2016

Publicada con data 22 de xullo de 2016 a listaxe coas adxudicacións da ultima publicación de prazas ofertadas para a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Poden consultar a información no documento adxudicación de postos (só accesible dende o posto de traballo).

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento



Substitucións

Adxudicación substitucións entre titulares_Publicación 18, 19 e 20 xullo 2016

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, pocedeuse á publicación das prazas na intranet xudicial durante os días 18, 19 e 20 de xullo.

Logo da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, acórdase a súa resolución coa data de efectos indicada en favor dos/as adxudicatarios/as segundo o anexo adxunto.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

O goce dos permisos ou vacacións que os adxudicatarios/as teñan autorizados no seu xulgado de orixe, queda supeditado á súa confirmación polo/a superior funcional da unidade de destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de xustiza no prazo dun mes (Arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común) ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses (Art.14 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO

Órgano xudicial da desocupación:

Audiencia Provincial – Sección 2ª A Coruña

Motivo da desocupación:

Vacante

Corpo:

CXPA

Adxudicatario/a:

...

Localidade de destino do/a adxudicatario/a:

A Coruña

Corpo:

CTPA

Data de inicio da substitución:

01.08.2016