Curso de Prevención de riscos laborais para o persoal dos edificios xudiciais de Santiago

27 de outubro de 2016

A EGAP e Mugatra convocan un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación co fin de formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais no seu artigo 20.

Ficha do curso

Destinatarios: persoal que presta servizos nos edificios xudiciais de Santiago de Compostela

Edicións: 2

Duración: 12 horas cada edición

Prazas: 30 cada edición

Lugar: Santiago de Compostela

Datas: 1ª edición o 28 e 29 de novembro, 2ª edición o 1 e 2 de decembro

Horario: de 8.30 a 14.30 horas

Inscrición: desde as 8 horas do 26 de outubro ata as 14 horas do 4 de novembro na zona de matrícula da EGAP

Matrícula

Máis información no DOG do 25 de outubro e na ficha do curso