Alternativas na Xustiza-CUT reclama que se cubra cun funcionario titular a praza vacante do Xulgado de Paz de Pereiro de Aguiar

28 de novembro de 2016

Desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT temos coñecemento que con data 15/11/16 produciuse a xubilación do Xestor Procesual ANTONIO ALVAREZ GARCÍA, destinado no XULGADO DE PAZ DE PEREIRO DE AGUIAR, Ourense.A día de hoxe o seu departamento non cumpriu coa normativa vixente e segue sen ofertar esa praza en substitución.

Non é necesario recordarlle a cantidade de compañeiros que están fora de Ourense e moito menos a cantidade de anos que tardan en lograr destino na provincia de Ourense.As substitucións, xunto co concurso de traslado, é a única forma que teñen os traballadores de traballar en Ourense.

Pero sí consideramos necesario recordarlle que, co actual Director Xeral e con vostede coma Subdirectoral, modificacouse a normativa vixente no seu momento polo actual art. 21 da orde do 28 de novembro de 2013, sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que di o seguinte “os interinos cesarán cando cambie a situación xurídica do titular do posto”.

O art. 63 do EBEP tamén establece como unha das causas da perda da condición de funcionario, a xubilación. Producíndose dita xubilación con data 15/11/16 considérase que dita praza atópase VACANTE.

Conforme ao art 75 do Real Decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do Persoal Funcionario ao Servizo da Administración de Xustiza. “Nas Secretarías das oficinas xudiciais das Agrupacións de Secretarías de Xulgados de Paz, de Xulgados de Paz de máis de 7.000 habitantes e de Xulgados de Paz de menos de 7.000 habitantes cuxa carga de traballo xustifique o seu establecemento, nos casos de vacante, permisos, vacacións ou licenzas, as substitucións realizaranse con arranxo á seguinte orde:

a) Funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, se o houber, do mesmo centro de destino.

b) Funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, sempre que reúna os requisitos establecidos para o posto de traballo e non haxa funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.”

Visto o cal se require á Subdirección Xeral a fin de que con efecto INMEDIATO saque a praza a SUBSTITUCIÓN por funcionario.

Ourense, 28 de novembro de 2016

 Nuria Fornos
Responsable de Organización de AXG-CUT